Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

4 de set de 2014

A torre de Babel.Unha cuestión para ter clara.

T

oda a terra falaba una soa lingua e usaba as mesmas palabras. Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí. Dixéronse uns ós outros: _“Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. E nisto propuxeron: _ “Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.

B

aixou o Señor para ve-la cidade e a torre que os homes construían, e pensou: _ “Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza. Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros”. O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construír a cidade. A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.

Xén 11,1-9


Explica que relación hai entre a tendencia  á diversificación das linguas e o mito dun idioma universal.

Nenhum comentário:

Postar um comentário