Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

23 de out de 2013

curta









FriendSheep es un divertido cortometraje realizado íntegramente por los alumnos de PrimerFrame.com. Imperdible.

SOBRE TEXTOS E PARÁGRAFOS.NOVA TAREFA "TEXTO/PARÁGRAFO".

Como xa vimos, o texto é un conxunto de enunciados con sentido completo e estrutúrase en parágrafos. Sepáranse por punto e á parte.
Os parágrafos están formados por oracións, unidades cun verbo conxugado. Únense por punto e seguido.







TAREFA
Escribe un texto de dous parágrafos, con corrección ortográfica e indicando o teu nome e apelido , nº de aula e curso.
No primeiro parágrafo presentas un resume do texto, neste caso unha curta, "Rato á venda"ou "Cinco minutos máis".
No segundo parágrafo indicas o tema e outro posíbel título.
Para preparar esta tarefa le primeiro a teoría da páxina 31 do libro.
Subes o teu texto a comentarios, nesta entrada.

17 de out de 2013

Xogamos e aprendemos léxico II.








Este xogo vai de comidas. Preme na ligazón.     
    

Le o seguinte texto e sube un comentario na entrada sobre o tema.
Preme aquí.


E para hoxe o seguinte da natureza. Pon os cascos para oíres ben o altofalante e  preme aquí.

13 de out de 2013

As linguas do mundo, parte II: linguas americanas.


Para ler preme na ligazón: linguas americanas.





Jorge Fraga de 1º C envia un mapa mental coas linguas autóctonas de América. Grazas campión!
Tamén envía o seu esquema Sara Coello, de 1º A. Parece que lles gusta o Bubbl.us! A min tamén!

9 de out de 2013

A PUBLICIDADE.

Publicidade Gadis


Uploaded with ImageShack.us

Publicidade Concello de Vigo


Zocas





Outros produtos



A COMUNICACIÓN

8 de out de 2013

A diversidade lingüística no mundo.

Aínda que é imposible dar unha cifra exacta -nin sequera aproximada-, calcúlase que no mundo se falan na actualidade entre 3.000 e 5.000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra que se considera mínima para garantir a súa supervivencia a medio prazo. Entre os idiomas máis estendidos están o chinés mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.

Outro aspecto curioso é o que ten que ver coa súa distribución xeográfica, que non é nin moito menos homoxénea. Segundo afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntrase o 32 % das linguas existentes, en América o 15 % -entre outras o quiché, o menomimi, o iowa ou o guaraní-, e en Europa e Oriente Medio, só o 4 %.

Estímase que en África se falan máis de 1.500 linguas diferentes. Hai casos singulares como o de Camerún, un país con 12 millóns de habitantes no que se falan nada menos que 270 idiomas, ou Nixeria, onde se rexistraron case 450. Pero a palma lévaa Papúa Nova Guinea, cuxos habitantes comunicanse, atención, en  850 linguas diferentes! Toda unha torre de Babel.

Entre as ameazadas, que son case o 90 % das existentes, hainas tan suxestivas como o cayapa, en Ecuador, con algo menos de 5.000 falantes; o walmajari, que só falan 1.000 seres humanos no mundo; e o zuñi, en Norteamérica, con 6.000 usuarios. Hai tamén casos máis graves, como o miwok, un idioma indio que unicamente falan 4 persoas; ou o yidiny, en Australia, con pouco máis dunha ducia de falantes. Respecto do kamas, unha lingua que se falaba nos Urales, dáse practicamente por desaparecida, porque é máis que probable que morrera o último falante do que se tiña noticia, un ancián que tiña 92 anos en 1987.

7 de out de 2013

Procedementos de traballo


IMOS AO TEATRO.

O vindeiro martes 8 de outubro imos ao teatro a Santiago para ver unha obra de Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Velaquí o cartel:

Aquí vos deixo a ficha artística:





                   

Para saberes máis preme na ligazón.



Sube un breve comentario sobre un dos seguintes aspectos:
- Valoración da obra( indicas cal é o tema da obra e a túa opinión)
- O personaxe favorito( identificación e descrición)
- Valoración da posta en escena: ambientación, vestiario, iluminación,etc.

3 de out de 2013

TRABALLO DE LÉXICO ( I )



Esta vai ser a nosa tarefa para traballar o léxico da avaliación. Incluiremos o vocabulario da tres primeiras leccións:

_ Léxico do instituto.

_ Léxico dos deportes.

_ Léxico das profesións.

Para quentar motores mentres preparamos a nosa árbore cheíña de froitos imos xogar un pouco e de paso aprendemos

Bulide que non vos dá tempo!

Este vai de partes do coche.


E este de ensaladas de pasta