Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

29 de abr de 2013

TEXTO PUBLICITARIO II

Anuncio de Evian con música de Queen - kewego A marca Evian leva utlizando varios anos a canción "We will rock you" de Queen para os seus anuncios publicitarios. Aquí os protagonistas son unhas gotas de auga que toman vida.

23 de abr de 2013

RESULTADOS DO CANTALINGUA 2013

PREME NA LIGAZÓN: CANTALINGUA 2013
Monoulious

1º- Monoulious co tema Cansión Jallejo-Americana
2º- Balbina co tema Cantar Cantei
3º Lydia Botana co tema Quen nos queima

19 de abr de 2013

LÉXICO:O CARRO




Non canta na Chá ninguén,
por eso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, ás vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Que fermosa é a súa feitura!
Que lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
Carrétame herba pro gando!
Traime a colleita pra casa!

Memoriza a letra da canción.Busca o significado das palabras suliñadas e apréndeo.

18 de abr de 2013

FACEMOS UN COMENTARIO.



Sube o teu comentario, con corrección lingüística,
sobre o aspecto que máis che interese do vídeo.

TRADUCIMOS AO GALEGO ESTÁNDAR.



Traballo de aula para o día 19 de abril.

1) Elaboramos un documento de texto coa tradución desta canción en galego estándar.

Non olvidemos o corrector de textos, o dicionario da RAG e finalmente un tradutor.Xa está no blogue pero podes acceder a el nesta ligazón: tradutor.

2) Facemos un resume breve e un esquema despois de ler o seguinte texto sobre o concepto de galego estándar.


Galego e portugués: dúas linguas irmás.



Exercicio para facer o xoves 18 de abril na aula:

Escoita o vídeo e responde as seguintes cuestións:

1) Escribe o campo semántico das comidas do día en galego confrontándoas co portugués.


2) Elabora un documento de OpenOffice cunha táboa  na que se representen as diferenzas léxicas
entre as dúas linguas que aparecen neste vídeo.

1 de abr de 2013

TEXTO DESCRITIVO-CIENTÍFICO

Escoita o vídeo e fai os exercicios.




EXERCICIOS(Data final de presentación 8 de abril):
1.Indica que característica dialectal da Fonsagrada se cita no vídeo.Busca máis exemplos.
2.Busca no dicionario da RAG as definicións de: bubela,ouriolo,liñaza,espellar,cabaceiro,escoar,peneirar,hucha,ourive,saravia,tamboril.
3.Tes que crear unha ficha en OpenOffice con imaxes e texto descritivo-científico (texto propio das Ciencias Naturais) elixindo entre:ouriolo,millo, bubela,liño.Elixe un animal e unha planta.
Para informarnos sobre os dialectos do galego consultamos a ligazón dialectos do galego.