Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?.

Adiviña adiviñador, que frutal carga  sen a súa frol?.
Adiviña adiviñador, que frutal carga sen a súa frol?

3 de set. de 2014

Tarefa 2.Traballamos os textos: lingua non literaria/lingua literaria.

“Imos examinar as peculiaridades dunha casa-vivenda ordenada, xunto coas súas construcións adxectivas, en torno a un patio central, ó que se accede por unha porta de dúas batentes situada nun dos muros piñóns dun alpendre no que atopamos o galiñeiro, e un pequeno almacén para os útiles de labranza cuberto polo palleiro.A edificación da casa-vivenda está composta por tres corpos edificados en distintos momentos. No primeiro, cunha planta terrea ocupada pola corte, encontramos un andar composto pola sala e os cuartos de durmir, ó que se chega a través dunha escaleira exterior que desemboca nun corredor totalmente pechado. No segundo, unha ampla cociña que ocupa a totalidade do andar, comunicada co resto da vivenda polo corredor. E o terceiro, de pequenas dimensións, está ocupado por un cuarto con entrada desde a sala.”

Pedro de Llano. Arquitectura popular en Galicia.

















CASA BALEIRA

Hai un olor pechado
e un rastro de ausencias
esquecidas nos espellos,
no frío das cinzas apagadas.
Un alento húmido de respiración,
unha gargallada tráxica.
O ecoar espectral dos pasos
e a auga a escorrer
polo tellado
identifico outras horas,
outras voces perdidas sen remedio
na distancia.
No aire dos armarios,
morfina do tempo,
palpo a morneza dun corpo
nestes traxes que amaron a luz.
Naftalina e soños dormen
chalecos e zapatos deixados
por alguén que emprendeu escura
naveganza.
Aquí están en paz,en soliloquio
íntimo,
suores, caricias, lonxanías,
últimos mofos onde se pudre 
oloroso o esquenzo, 
tal se destapo un frasco de aire
enfermo.

Xulio L. Valcárcel. En voz baixa

TAREFA 2:

Le os dous textos.
Busca no dicionario as palabras subliñadas.
Redacta un breve texto no que expliques as diferenzas entre un  e outro.

Como presento esta tarefa?:

Nun documento en OpenOffice, aliñado nas catro marxes, en letra verdana,12, indicando:

Nome e apelidos, nº, curso
Tarefa 2 "Casas": Traballamos os textos: lingua non literaria/lingua literaria.

A tarefa entregarase ou impresa nun folio DIN A4 ou como arquivo adxunto á dirección de correo electónico  sabelaals@gmail.com
Data final de entrega:Primeira semana de outubro.

Nenhum comentário:

Postar um comentário